Oleiros, 17 de febreiro de 2022-. O pasado martes o Ministerio comunicoulle ao Concello de Oleiros que ante a execución dos muros de pantalla do túnel de Sol y Mar os accesos aos garaxes de varios edificios quedarían cortados desde o luns día 21 de febreiro. Ante esta situación, para buscar unha zona de aparcamento alternativa, responsables municipais solicitaron unha reunión urxente co Ministerio e coa empresa que polo momento non se celebrou.
Hemeroteca
Desde Octubre 2010
“O normal sería ter unha reunión antes cos veciños e veciñas, para explicarlles a situación, para que saiban durante que tempo non van poder acceder aos seus garaxes e comunicarlles tamén que solución se lles vai dar para aparcar os seus coches. A obra hai que facela pero hai que darlle un aparcamento aos veciños. O que temos claro é que non lles imos deixar empezar esta fase sen solucionar o tema do aparcamento dos veciños. Creo que hai solucións na zona, ben nunha nave que está agora sen uso ou nunha finca da zona. Pero iso hai que falalo. Non se lle pode cortar a entrada aos veciños sen ter antes unha alternativa”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.