A veciñanza quéixase do precario insuficiente tempo de atendemento da oficina de Correos situada en Santa Cruz. Na actualidade préstase o servizo de atención ao público de luns a venres durante dúas horas (de 9:00 a 11:00 h) o que dificulta moito a recollida de paquetes, certificados e demais documentos.
O Concello reclamará o aumento do horario de atendemento para facilitar as xestións que demanda a veciñanza.