Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello demanda ante Portos de Galicia a reparación urxente do muelle de Mera

Oleiros, 6 de agosto de 2018-. O Concello de Oleiros remitiu un documento a Portos de Galicia para demandar a urxente reparación dos graves danos existentes no peirao de Mera. Aínda que a día de hoxe non existe actividade pesqueira profesional, son moitas as persoas que usan a diario este dique para distintas actividades de ocio relacionados co mar.

Tal e como se explica no documento, o porto de Mera conta con graves fendas, buratos de grandes dimensións, postes en ruínas e distintas zonas ocas que supoñen en perigo moi grande para a estabilidade desta infraestrutura. Igualmente, a acumulación de area xunto á rampla provoca situacións extremadamente perigosas para as persoas que embarcan e desembarcan coas súas embarcacións neste peirao.
 

back link