Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello defenderá aos veciños e veciñas afectados pola pegada sonora do aeroporto

 Oleiros, 23 de outubro de 2020-. O novo mapa de ruído aprobado polo Goberno central en relación á pegada sonora do aeroporto de Alvedro afecta á localidade de Montrove. Os técnicos municipais xa están a estudar a documentación para defender aos veciños e presentar as correspondentes alegacións.

 
“Volven desde Madrid co tema da pegada sonora, que afecta a un montón de propiedades. Prohíbese construír nuns casos e impoñen condicións clamorosas noutros. Que saiban todas as persoas afectadas que o Concello de Oleiros vai estar aí. Imos estudar o asunto e presentaremos as alegacións correspondentes. Xa informaremos aos veciños dos pasos que vaiamos dando e dos resultados que consigamos”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
back link