Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros solicita un novo obradoiro de emprego

 Oleiros, 12 de abril de 2022-. O Concello de Oleiros solicitou á Xunta de Galicia un novo obradoiro formativo co obxectivo de formar a 20 veciños e veciñas do municipio maiores de 18 anos sen emprego. As tarefas de aprendizaxe enfocaranse na realización de mobiliario urbano e mantemento de zonas verdes municipais. 

 
A duración do proxecto é dun ano. O obradoiro contará con 10 prazas destinadas á especialidade de carpintería e moble e outras 10 para actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Ademais dos postos para o alumnado, contratarase a 1 director/a, 1 docente de carpintería, 1 docente de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, 1 titora e 1 auxiliar administrativo. 
 
No caso da concesión deste obradoiro, o Concello informará debidamente a través das diferentes canles comunicativas municipais a todos os veciños e veciñas. 
 
back link