Oleiros, 30 de decembro de 2016-. O Concello contratou unha parte do servizo de limpeza viaria do municipio que afecta a diversas localidades. Son distintas as empresas que están a realizar este servizo, en diferentes zonas. Esta fase en concreto ten un custo total de 1.916.000 euros e o acordo estará vixente 4 anos, coa posibilidade de amplialo outros dous máis.
O Goberno estipulou para este novo contrato unha ampliación das zonas de limpeza en todas as localidades e un incremento da frecuencia dos traballos.