Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros reclama a apertura dos Rexistros das Administracións Públicas

O Concello de Oleiros denuncia o mantemento da cita previa dos Rexistros de todas as Administracións públicas, que incomprensiblemente seguen a manterse tres meses despois do confinamento a raíz do Covid. 

Veciños e veciñas de diversos Concellos da Área Metropolitana e de fora están a saturar o Rexistro Municipal do Concello de Oleiros que permite a atención presencial sen cita previa. 
 
A maior parte destas persoas que veñen de fora do Concello de Oleiros quéixanse desta falta de atención nos seus Concellos, o que en diversos casos lles levou a incumprir prazos, presentación de solicitudes, instancias, así como, diferentes demandas ante a Comunidade Autónoma. 
 
back link