Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros pretende descatalogar as vivendas protexidas para beneficio dos seus prop

Oleiros, 12 de maio de 2016-. Ante a insistencia na publicación de informacións nas que se di que o Concello de Oleiros quere variar o Plan Xeral de Ordenación Municipal nos lugares de Coruxo e O Real para desprotexer vivendas catalogadas pola Dirección Xeral de Patrimonio como protexidas - condición que impide derrubalas ou modificar os seus volumes- e ante a alarma social que se está a crear con estas noticias, o Concello de Oleiros, baseándose no dereito de réplica, manifesta o seguinte:

A actuación municipal coa modificación desas cualificacións non ten nada que ver coa información que se emite nin coas vivendas que aparecen nas fotografías.

No lugar de Coruxo, en Santa Cruz, a descatalogación das casas que desde o punto de vista do Concello non reúnen as directrices para estar incluídas no patrimonio histórico de Oleiros atópanse nuns casos en ruínas e noutros vense impedidas para realizar calquera modificación ou reforma o que vén a gravar as propiedades e o patrimonio dos veciños propietarios.

No caso das vivendas de O Real, son edificacións en ruína total, non recuperables e que tamén hipotecan aos propietarios, ademais de non permitir a construción de beirarrúas.

En ningún momento, tal e como se di nun medio de comunicación, o Concello de Oleiros pretende descatalogar as vivendas para a súa demolición senón adecualas aos tempos que corren sen modificación dos volumes e sen especulación de ningún tipo.
 

back link