Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros oferta un curso básico de prevención de riscos laborais

Oleiros, 22 de novembro de 2017-. O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo do Concello de Oleiros vai impartir un curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas. O curso é totalmente gratuíto e en total hai 25 prazas.

Vanse impartir durante 10 días en horario de 08:30 a 14:30 horas, durante o mes de decembro. As persoas participantes van recibir un certificado homologado desta formación.

Para apuntarse hai que dirixirse ao Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, na rúa Os Regos. Os teléfonos son o 981 610 319 e o 981 631 706.


 

back link