Os distintos Gobernos de España que se sucederon limitáronse a facer declaracións de intencións, sempre en precampaña electoral, e nunca abordaron o grave problema que o embudo da Pasaxe ocasiona. Recentemente, o Ministerio de Transportes comprometeuse a realizar a ampliación da ponte unha vez concluísen as obras de Sol y Mar.
A conexión da Vía Ártabra coa AP-9, que chegou a iniciarse, leva 3 anos paralizada pola nefasta xestión do Goberno autonómico. A Consellería debe contratar de novo as obras para poder conectar a Ártabra coa Autopista do Atlántico na zona de Pravio.
Os Gobernos de Madrid e Santiago están obrigados a cumprir coa cidadanía. As consecuencias da carencia destas infraestruturas son perdas de tempo diarias inasumibles para as persoas e tamén para as empresas.