Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros envía pupitres e bicicletas a un colexio de Guatemala

Oleiros, 23 de decembro de 2016-. O Concello de Oleiros acaba de realizar o envío de pupitres e bicicletas para o alumnado dun colexio guatemalteco da localidade de Champerico, unha remota localidade da costa do Pacífico. Os pupitres foron donados por unha persoas particular e as bicicletas, un total de 17, levaban máis de dous anos sen ser reclamadas no depósito de obxectos perdidos da Policía Local.

O colexio Centro Experimental del Pacífico é xestionado pola fundación Fundanova, aínda que se atopa en proceso de ser absorbido pola administración. Máis de 500 nenos e nenas cursan primaria e secundaria neste centro, xunto cun elevado número de adultos que aprenden a ler e escribir nestas instalacións.
 

back link