Oleiros, 8 de xuño de 2017-. O Concello de Oleiros fixo pública a convocatoria para a contratación laboral temporal de catro operarios para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. As persoas que desexen optar a estas prazas deberán estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente e do carné de conducir da clase B.
As bases están a disposición das persoas interesadas na área de Persoal e RRHH da web municipal. O prazo de presentación de instancias é remata o próximo 15 de xuño.