Oleiros, 5 de febreiro de 2018-. O días 9 e 23 de febreiro realizaranse dous novos encontros participativos para dar forma ao Consello da Mocidade. O órgano de participación xuvenil de Oleiros será unha realidade no vindeiro mes de marzo.
O primeiro dos encontros, o deste venres día 9, celebrarase ás 18:00 horas no Centro de Lecer Portaberta, en Santa Cruz. Están chamados a participar todos os rapaces e rapazas de entre 14 e 30 anos, e tanto para informarse como para confirmar a asistencia están habilitadas as seguintes canles de contacto: c.xuventude@oleiros.org e 608201251.
O Concello de Oleiros apostou desde sempre pola participación activa da xuventude polo que co Consello da Mocidade dáse un novo paso para afianzar o contacto existente entre o Concello os mozos e mozas. Moitos deles, máis de 1.000, xa participaron durante os dous últimos anos no proxecto Xeración A Fábrica.