Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros consegue que Telefónica retire os postes do carril bici de Santa Cruz a A

Oleiros, 16 de febreiro de 2018-. O Concello de Oleiros acadou un acordo coa compañía Telefónica para que retire os postes da súa propiedade que se atopan no medio do carril bici, desde Santa Cruz ata Arillo. Nos vindeiros días a empresa procederá a resitualos para poder rematar a obra.

Telefónica colocara os postes uns meses antes de comezar a obra do carril bici, sen autorización e en terreo que xa era municipal debido ás cesións realizadas polos veciños. Polo mesmo motivo, Fenosa tamén ten aberto un expediente. No caso de non acatar os requerimentos municipais, a compañía eléctrica deberá afrontar unha sanción económica.
 

back link