Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros condena o asasinato de dous cooperantes xesuítas na Cidade de México

 Oleiros, 23 de xuño de 2022-. Os misioneros Javier Campos Morales e Joaquín César Mora Salazar foron vítimas dun brutal asasinato o pasado luns 20 de xuño no templo da comunidade de Cerocahui en Chihuahua, na Cidade de México. O Concello de Oleiros condena estes feitos violentos, esixe xustiza e a recuperación dos corpos que foron substraídos do templo polas persoas armadas. 

 
Feitos como estes non son illados. É preciso adoptar medidas de protección que salvagarden a vida das persoas que se dedican a mellorar as condicións de vida en comunidades e pobos desfavorecidos.
 
O Concello de Oleiros, dentro das súas políticas de cooperación, continuará desenvolvendo programas e colaborando en proxectos para loitar pola xustiza social en América Latina e noutros pobos do mundo.
back link