Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros apoia a marcha a Meirás para esixir a devolución do pazo

Oleiros, 7 de novembro de 2018-. O Concello de Oleiros é unha das numerosas entidades que apoia a quinta Marcha ao Pazo de Meirás para esixir a súa devolución ao patrimonio público. Unha representación do Goberno municipal participará nesta xornada reivindicativa.

A marcha terá lugar o vindeiro sábado 10 de novembro e partirá ás 12:00 horas desde Monumento ás Vítimas da Represión Franquista, no paseo marítimo de Sada. Está prevista a chegada a Meirás ás 13:00 horas para realizar unha concentración ante o Pazo e esixir a súa devolución. Desde as 11:00 e ata as 12:45 horas haberá un servizo gratuíto de autobuses desde a Casa do Concello de Sada a disposición das persoas que tamén queiran acudir á concentración.
 

back link