Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros adquire os terreos da urbanización O Xunqueiro destinados a equipamentos

Oleiros, 30 de decembro de 2016-. O Concello de Oleiros adquiriu a través de permuta os terreos que o Plan parcial da urbanización O Xunqueiro ten destinados a equipamentos deportivos. A parcela, por ser dunha urbanización anterior á etapa democrática, non fora cedida ao Concello tal e como esixe a normativa urbanística.

A nova parcela municipal ten unha superficie de 4.490 metros. Os propietarios do solo recibirán a cambio unha parcela urbana de 550 metros en Canide, que non lle custou nada ao Concello de Oleiros ao proceder das achegas de terreo obrigatorias para a creación da urbanización.
 

back link