Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello creará un albergue xuvenil no edificio principal da Finca Tenreiro

Oleiros, 25 de setembro de 2018-. A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención de 288.807 euros ao Concello de Oleiros para realizar un Obradoiro de emprego na Finca Tenreiro e levar a cabo traballos de carpintería e albanelaría no edificio principal deste gran parque público. O Concello cofinanciará este proxecto con outros 27.800 euros.

Un total de 25 persoas en situación de desemprego beneficiaranse deste programa no que se impartirá formación e práctica profesional nas especialidades de carpintería, moble e albanelaría. As persoas interesadas en participar neste programa deben poñerse en contacto co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo: rúa dos Regos 24, cmf@oleiros.org e 981 610 000.

Este será o cuarto obradoiro de emprego que pon en marcha o Concello de Oleiros para rehabilitar este gran parque público de máis de 30.000 metros cadrados situado na localidade de Nós. Nesta ocasión rematarase a restauración do edificio principal para que poida acoller un albergue xuvenil.
 

back link