Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello creará novos estacionamentos para bicicletas

Oleiros, 8 de xuño de 2020-. Nas próximas semanas procederase á instalación de novos aparcadoiros para bicicletas en distintas zonas do municipio. Os accesos ás praias así como outros espazos públicos especialmente concorridos contarán con estes novos estacionamentos.

 
Nas últimas semanas, unha vez finalizado o confinamento, produciuse un notable incremento do uso das bicicletas. Os numerosos quilómetros de carrís bicis e paseos que existen no Concello de Oleiros contribúen a facilitar e fomentar a mobilidade a través deste medio de transporte.
 
back link