Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello crea unha horta comunitaria para a xuventude nas Casas da Mocidade

 Oleiros, 25 de abril de 2022-. As Casas da Mocidade do Concello de Oleiros contarán cunha horta comunitaria para promover a participación e responsabilidade individual e colectiva da xuventude. Todos os luns dos meses de maio e xuño realizaranse as xornadas formativas en horario de 17:00 a 19:00 horas. 

 
Realizaranse 9 sesións de formación para preparar a terra, colocar os regos e a construír a horta vertical para terrazas. O obradoiro é gratuíto e está dirixido para persoas de entre 14 e 30 anos. É posible inscribirse nas Casas da Mocidade ou na web centrosmocidadeoleiros.wordpress.com.
back link