Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello convoca unha praza de técnico de turismo

Oleiros, 22 de abril de 2016-. O Concello de Oleiros, co obxectivo de potenciar o turismo do municipio e ofertar unha atención de calidade a todos os visitantes que se acheguen a Oleiros, convoca unha praza de técnico ou técnica de turismo. As solicitudes para optar a este posto de traballo poden presentarse ata o luns 2 de maio.

Desde o día 1 de xuño e ata finais de setembro, a persoa que ocupe esta praza, atenderá a oficina de información turística municipal que se atopa en Santa Cristina. As tarefas a desenvolver nesta dependencia serán, basicamente, as de informar sobre as distintas posibilidades e atractivos que ofrece o noso municipio para os visitantes que acuden a Oleiros. A oficina permanecerá aberta de martes a domingo en horario de mañá e de tarde.

INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA

back link