Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello convoca unha concentración en apoio á hostalería de Oleiros, o martes ás 20:00 en Sa

 Oleiros, 21 de maio de 2021-. Ante a arbitraria decisión da Xunta de Galicia de manter a Oleiros entre os municipios en nivel de risco alto, o Concello convoca unha concentración en apoio ao sector da hostalería de Oleiros o vindeiro martes 25 de maio ás 20 en horas en Santa Cristina, na praza afundida. O Concello fai un chamamento á participación nesta convocatoria de todos os empresarios, empresarias, traballadores e traballadoras afectados, así como do conxunto da cidadanía. 

 
A principal consecuencia da decisión da Xunta de Galicia é que á hostalería só se lle permite dar servizo en terrazas e ao 50% de capacidade. Dada a climatoloxía existente, a maioría dos negocios case non puideron traballar, coas conseguintes perdas económicas e materiais, traballadores e traballadoras que tiveron que perderon o seu emprego, redución case total de pedidos ás empresas subministradoras....
 
O máis grave de todo é que segundo os datos facilitados polo Sergas, coa incidencia acumulada por 100.000 habitantes a 7 e 14 días que presenta Oleiros, o municipio tería que estar sometido ás restricións do nivel medio-baixo e non ás do nivel alto. 
back link