Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello contrata por preto de 150.000 euros a nova depuradora da urbanización O Xunqueiro

Oleiros, 02 de marzo de 2017-. O Concello de Oleiros contratou recentemente por un importe de 148.715,07 euros a nova depuradora da urbanización O Xunqueiro. Está previsto que as obras comecen nas vindeiras semanas.

A urbanización O Xunqueiro, construída antes da democracia, tiña un problema grande desde hai tempo ao verter directamente ao mar as augas residuais. Aínda que non conta cun número moi elevado de vivendas, con esta obra eliminarase definitivamente o único punto existente en Oleiros que vertía ao mar sen depuración previa.
 

back link