Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello contrata por 250.000 euros as obras de acondicionamento do Pazo de Arenaza

Oleiros, 6 de novembro de 2017-. Nos vindeiros días darán comezo os traballos de acondicionamento do Pazo de Arenaza para a creación dun centro de co-working. A Deputación da Coruña financia na súa totalidade estas obras, que teñen un custo de 250.000 euros.

O Concello de Oleiros ten asinado un convenio coa Deputación segundo o cal lle cede o uso do Pazo de Arenaza ao organismo provincial para crear un centro de formación para novos emprendedores e científicos, con capacidade para 50 persoas investigadoras. Unha vez remtadas as obras, a Deputación convocará unhas bolsas para os posibles candidatos e candidatas e seleccionará o persoal necesario para a posta en marcha deste centro, chamado a ser unha referencia no Estado.
 

back link