Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello contrata a pavimentación da avenida das Américas e da rúa Curruncho por 108.000 euro

Oleiros, 29 de setembro de 2017-. O Concello de Oleiros contratou o asfaltado da avenida das Américas, en Perillo, e da rúa Curruncho, en Dorneda, por 108.658 euros. Está previsto que nas vindeiras semanas, en función das condicións climatolóxicas, se proceda a iniciar esta importante actuación.

A pasada semana tamén foi contratada a pavimentación da rúa Tierno Galván en Maianca, a rúa da Luz e a rúa Laxeiro en Nós, a rúa do Faro en Iñás, rúa da Cova en Oleiros, a rúa dos Niños e a avenida das Américas en Perillo, a rúa do Campo e a rúa Castro da Vixía en Dexo e a rúa do Curruncho en Dorneda. O importe destas obras é de 341.094,33 euros.
 

back link