Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello continuará a rehabilitación da Finca Tenreiro cun novo Obradoiro de Emprego

Oleiros, 27 de xullo de 2017-. A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención de 140.188,65 euros ao Concello de Oleiros para realizar un Obradoiro de emprego na Finca Tenreiro e levar a cabo traballos de carpintería e moble no interior dos edificios existentes neste gran parque público. O Concello cofinanciará este proxecto con outros 25.000 euros.

Vinte persoas en situación de desemprego beneficiaranse deste programa no que se impartirá formación e práctica profesional na especialidade de carpintería. Os interesados en participar neste programa deben poñerse en contacto co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo: rúa dos Regos 24, cmf@oleiros.org e 981610000.

Este será o terceiro Obradoiro de emprego que pon en marcha o Concello de Oleiros para rehabilitar este gran parque público de máis de 30.000 metros cadrados situado na localidade de Nós. Nesta ocasión restaurarase o tellado, as portas, as fiestras e a varanda do edificio principal.
 

back link