Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello combina sendeirismo e cultura nunha nova ruta de sendeirismo para maiores con final no Festival da Luz

O Concello de Oleiros organiza esta fin de semana unha ruta de sendeirismo para maiores de 65 anos con final no Festival da Luz. Un total de 90 persoas integradas en dous grupos participan na "Ruta da luz", dentro do programa municipal de envellecemento activo “Ven e Descubre 2026”. A actividade está deseñada como unha acción máis das moitos que organiza o Concello para fomentar a autonomía persoal, a actividade física adaptada e a socialización a través dunha experiencia que conecta o patrimonio rural de Boimorto coa cultura.

A "Ruta da luz" partiu da igrexa de Santiago de Boimorto e avanzou por bosques, corredoiras e o rego do Seixo, atravesando núcleos como Gárdoma, Boimil e As Areas. Co lema “Mirando ao ceo”, os participantes traballaron a estimulación cognitiva e a memoria histórica ao interpretar os ciclos do campo e visitar espazos comunitarios tradicionais,  símbolos de axuda mutua e música tradicional.

O percorrido culminou no Festival da Luz, evento solidario fundado en 2012 pola cantante Luz Casal e o Concello de Boimorto. Esta integración ofrece aos maiores un espazo aberto e interxeracional onde convivir a través da música, o teatro e a artesanía local, demostrando que a diversidade e a aprendizaxe continua son piares fundamentais para un envellecemento pleno e saudable.
 

back link