Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello chama á solidariedade internacional ante as matanzas de Israel en Yinin

Os medios de comunicación e a comunidade internacional silenciou case por completo os macabros ataques perpetrados estes últimos días por parte de Israel contra o campo de refuxiados de Yinin, no norte de Cisxordania. Esta nova ofensiva sionista contra a poboación palestina supón un novo chanzo na aniquilación da poboación autóctona de Cisxordania. 

Os ataques aéreos e terrestres contra Yinin resultan un vergoñento e cruel episodio de exterminación étnica ante o que ninguén debe permanecer impasible. O Concello de Oleiros chama á solidariedade internacional e a expresión do cariño ao pobo palestino, vítima dos hábitos destrutivos israelitas contra a poboación, á que se despoxa de territorios, os bens e en moitos casos a propia vida para facérense con todo o fondo do Mediterráneo, obxectivo último dos relixiosos que baixo a fantasía lendaria da “terra prometida” promoven esta longa guerra desde hai décadas.

A comunidade internacional debería posicionarse do mesmo xeito que o fai en torno á situación que se dá noutros países. Israel está cometendo un xenocidio intenso e despiadado, pero non se observa sensibilidade algunha en torno ao comportamento criminal do goberno ultradereitista de Israel.

back link