Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello celebra mañá O Día da Terra Palestina cun acto público en Canide

Oleiros, 21 de marzo de 2017-. O Concello de Oleiros ten convocado para mañá ás 12:00 horas un acto público con motivo do Día da Terra Palestina. Está previsto que interveñan o embaixador Palestino, Musa Amer Odeh, o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, o alumnado do IES María Casares e a artista Najla Shami.

A praza de Belén, xunto ao parque infantil da urbanización de Canide, acollerá este evento no que será plantada unha oliveira como símbolo da amizade entre o pobo palestino e o pobo de Oleiros. O Goberno municipal denunciou e denunciará constantemente a situación á que o Estado de Israel, coa complicidade e apoio dos demais gobernos de Occidente, ten sometido ao pobo Palestino. De feito, son numerosas as campañas e programas de cooperación internacional desenvolvidos ao longo dos anos desde Oleiros para apoiar á poboación palestina. Na propia urbanización de Canide, onde vai ter lugar o acto, as rúas e prazas teñen nomes de cidades palestinas. 

back link