Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello axardinará, dotará de mobiliario e asfaltará os aparcamentos do carril bici entre Sa

Oleiros, 10 de novembro de 2017-. O carril bici que está a construír o Concello de Oleiros entre as localidades de Santa Cruz e Mera será dotado nas vindeiras semanas de bancos, papeleiras, céspede e árbores. Tamén está prevista a pavimentación das zonas de estacionamento para os vehículos.

A creación desta grande avenida entre as localidades de Mera e Santa Cruz é unha iniciativa do Goberno municipal. A primeira fase desta obra abordouse con fondos municipais, 900.000 euros, malia que sería a Xunta de Galicia a administración que debería realizar a actuación por ter a titularidade sobre esa estrada. Posteriormente, grazas á sinatura dun convenio de máis dun millón de euros coa Deputación provincial, realizouse a segunda fase, desde Augarrío ata Arillo. Esta importante obra non tería sido posible sen a colaboración dos veciños e veciñas que cederon gratuitamente os terreos necesarios para que a creación deste paseo.

 

back link