Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello asumirá a reparación da varanda do paseo de Santa Cruz

Oleiros, 18 de xuño de 2018-. O Concello de Oleiros procederá á renovación da varanda do paseo marítimo de Santa Cruz nos próximos días. Aínda que se trata dunha actuación que lle corresponde á Dirección Xeral de Costas, o Goberno municipal decidiu realizar a obra debido ao perigo que presenta para a cidadanía.

“Tiña que amañala Costas, porque está na súa zona de servidume. Pero imos amañala nós, porque está toda oxidada e corroída, e presenta un risco moi grande para calquera persoa que lle bote a man”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 

back link