Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello aproba unha declaración institucional para esixir a conexión da vía Ártabra coa AP-9

Oleiros, 27 de setembro de 2018-. O pleno do Concello de Oleiros aprobou na sesión celebrada hoxe unha declaración institucional para que o Ministerio de Fomento autorice as obras de conexión da vía Ártabra coa AP-9. A Xunta de Galicia está en disposición de contratar esta obra no 2018 xa que dispón dos cartos necesarios, pero a decisión do Ministerio de facer un estudo para analizar o proxecto retrasa “sine die” a realización dunha conexión viaria fundamental para a competitividade e a mobilidade da comarca da Coruña.

Ademais deste asunto, o Goberno municipal aprobou un manifesto en defensa da independencia informativa na CRTVG, en contra do desmantelamento dos medios públicos e a favor do desenvolvemento do traballo informativo en base a criterios profesionais. No texto tamén se expresa o apoio do Concello aos profesionais Beatriz Moyano e Alfonso Hermida, este último veciño de Oleiros, que dimitiron hai uns meses por razóns de dignidade profesional e en discrepancia coa liña informativa imposta polo Goberno autonómico.

Igualmente, foron aprobadas diversas cuestións urbanísticas como a última fase da urbanización Icaria ou os estudos de detalle de dúas actuacións en Iñás que permitirán o desenvolvemento de establecementos comerciais e industriais. Así mesmo o pleno tamén aprobou os festivos locais para o ano 2019 que serán o martes de Entroido (5 de marzo) e o día de San Xoán (24 de xuño).

back link