Oleiros, 26 de xullo de 2019-. O Concello de Oleiros está a estudar a reordenación do tráfico no centro de Perillo, para implantar a mellor alternativa posible unha vez conclúan todas as obras en marcha. As actuacións do sifón, da urbanización Corredoira das Viñas, de Rosalía de Castro ou da rúa Pombal obrigaron a realizar diversos cambios nos sentidos de circulación.
“Neste momento estamos analizando a situación no seu conxunto para realizar unha ordenación do tráfico de toda a zona. Queremos comunicarlle aos veciños o antes posible como van quedar as direccións das rúas”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.