Para poñer en marcha este servizo, o Concello reuniuse coa empresa que ten a concesión do transporte na comarca da Coruña. Neste momento, xa existe un proxecto inicial para ambas liñas, que está a ser analizado con detalle por parte do Goberno municipal para acadar o obxectivo de lograr un bo servizo que atenda o mellor posible as necesidades de mobilidade existentes.
En concellos como o de Oleiros, de menos de 50.000 habitantes, as competencias en transporte son exclusivas da Xunta da Galicia. O servizo existente neste momento na comarca da Coruña presenta numerosas deficiencias, denunciadas en reiteradas ocasións por parte do Concello de Oleiros. Nese sentido, a Xunta comprometeuse a dar resposta neste mes a varias das demandas realizadas por parte do Goberno municipal.