Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello alerta dunha posible estafa en internet

 Oleiros, 24 de febreiro de 2021-. Ante a aparición en internet dunha páxina web na que se anuncia a apertura dun tanatorio en Oleiros, con todo tipo de servizos, para captar socios e inversores para este suposto negocio, o Concello de Oleiros informa que non existe ningunha petición de licenza nin ningún proxecto presentado para crear un tanatorio no municipio. Para evitar posibles estafas, o Concello de Oleiros quere alertar á cidadanía desta situación que xa foi comunicada á Garda Civil.

back link