Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello alerta dunha estafa en varias zonas do municipio

 Oleiros, 21 de maio de 2021-. Unha persoa estase dedicando a visitar vivendas de diferentes parroquias de Oleiros contando distintas historias persoais dramáticas que son falsas. A estafa consiste en solicitar cartos para atender esas supostas situacións persoais adversas.

 
O Concello de Oleiros quere alertar desta situación a toda a veciñanza para que non se deixe enganar. Todas aquelas familias do municipio que atravesan graves problemas económicos xa son atendidas e axudadas polo Concello a través de Servizos Sociais.
back link