Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello agradece a solidariedade veciñal co pobo ucraíno

 Oleiros, 14 de marzo de 2022-. O Concello de Oleiros agradece unha vez máis a inmensa solidariedade de toda a cidadanía do municipio co pobo ucraíno. Foron moitas as persoas que a título individual ofreceron as súas vivendas para acoller persoas refuxiadas. Tamén fixo o mesmo o Lar A Mercé, poñendo o centro a disposición.

 
O Estado e a Xunta son as administracións con competencias para organizar a chegada de persoas refuxiadas. Dentro desa acción coordinada a nivel institucional, o Concello de Oleiros procederá á comunicación das vivendas dispoñibles no municipio.
 
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Coordinadora Galega de ONGD lembran que non se debe desprazarse a título individual en busca de persoas e que esta tarefa debe quedar en mans das autoridades competentes. Non é posible sortear todos os procedementos legais e burocráticos precisos para a materialización da acollida, porque pode poñerse en risco ás persoas refuxiadas. Moito menos se se trata de menores non acompañados porque xa existe un sistema de acollida institucionalizado e, na medida do posible, as nenas e nenos deben reagruparse coas súas familias.
 
Desde a Xunta e o Fondo Galego tamén recomendan que polo momento se paralicen as doazóns de bens en especie, ante as graves dificultades de almacenaxe, loxística e transporte e o descoñecemento dos materiais que se necesitan en cada momento; priorizar as achegas económicas ás ONG ou organismos internacionais que están dando apoio á poboación ucraína afectada, para que merquen o que realmente precisan; e non facer envíos de materiais por conta propia, só mediante o amparo dunha ONG especializada e que teña unha entidade receptora no país de destino, senón a viaxe pode resultar completamente inútil.
back link