Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello adxudica por 1,2 millóns a segunda fase do campo municipal de fútbol de Mera

 Oleiros, 19 de agosto de 2021-. O Concello de Oleiros adxudicou por 1.272.920 euros a obra de construción da segunda fase do campo de fútbol municipal de Mera. Está previsto que os traballos comecen no mes de setembro.

 
A segunda fase desta nova instalación municipal, que está situada na rúa Fonte Cuba, incluirá a construción de gradas, vestiarios e aparcadoiro. Na primeira fase, o Concello investiu 939.011,50 euros no peche total do recinto, na instalación do terreo de xogo de céspede artificial, no rego e na iluminación.
back link