Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello adxudica a obra para as beirarrúas da rúa Zeus en Icaria por un valor de 150.000 euros

 O Concello de Oleiros contrata a renovación das beirarrúas da rúa Zeus en Icaria, cun investimento de 149.707,25 euros. A actuación permitirá mellorar a seguridade e a accesibilidade peonil nun dos viarios de maior tránsito. 


Icaria, ademais dunha zona residencial, conta cun polígono comercial e empresarial, integrado no eixo empresarial Perillo-Oleiros. Na actualidade é a principal área industrial do municipio e mantén un crecemento continuado desde hai máis de trinta anos. Debido á antigüidade dalgúns dos seus viarios interiores, determinadas infraestruturas requiren actuacións de renovación para garantir o seu correcto estado de conservación.

As obras consistirán na renovación completa das beirarrúas da marxe impar da rúa Zeus, onde existen numerosas lousas soltas e levantadas que dificultan o tránsito peonil e poden supoñer un risco para as persoas usuarias. 
 

back link