Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello adquire por 550.000 euros un edificio no centro de Oleiros para a Facenda Municipal

Oleiros, 27 de decembro de 2016-. O Concello adquiriu por 550.000 euros o edificio, propiedade do Banco Pastor, que está situado no centro urbano de Oleiros, nas inmediacións da Casa do Concello. A nova situación facilitará os trámites administrativos aos veciños e veciñas, ao centralizar as dependencias públicas arredor da Casa Consistorial.

O inmoble, que será destinado á Área de Economía Municipal, acollerá todas as dependencias da Facenda municipal. Nos vindeiros meses trasladaranse a este edificio as oficinas de Recadación que na actualidade están en Perillo, nun local que fora prestado por Caixa Galicia. Esta nova instalación municipal consta de baixo e 4 plantas, ten unha superficie de máis de 1.000 metros cadrados e atópase en perfecto estado de conservación para a súa inmediata utilización.
 

back link