Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello actuará contra o Helichrysum petiolare no Monumento Natural

 Oleiros, 5 de outubro de 2022-. Ante o avance incontrolable do Helichrysum petiolare no Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes, o Concello vai contratar unha empresa especializada para eliminar este especie invasora. De cor branca, resulta moi visible a simple vista nas zonas dos faros de Mera e da punta Torrella.

 
O forte impacto e degradación que supón esta planta neste espazo protexido require dunha actuación medioambiental que garanta a biodiversidade e o ecosistema. O investimento será de 60.187,82 euros, que se financiarán con cargo a unha subvención da Unión Europea.
back link