Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello aclara que o sinal de televisión non é unha competencia municipal

As dificultades que algúns fogares teñen para ver a televisión (TDT) non son en absoluto unha responsabilidade municipal, senón da Xunta de Galicia e do Estado. Os repetidores xerais están fóra do municipio e as antenas que hai en Oleiros non son do Concello, que simplemente establece os puntos onde poden instalarse.

Algunhas empresas e outras administracións están a confundir as persoas afectadas respecto ás obrigas do Concello, que non ten ningunha competencia neste asunto.
 

back link