Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello abre a elaboración do Plan de Mobilidade á cidadanía mediante unha enquisa

 Oleiros, 20 de decembro de 2021-. O Concello de Oleiros está a redactar o Plan de mobilidade urbana sostible para mellorar a mobilidade, incrementar o uso do transporte público, diminuír os desprazamentos en vehículos privados de catro rodas e potenciar o uso da  bicicleta e da mobilidade urbana peonil. Mediante a elaboración deste traballo realizarase unha profunda análise da actual situación neste ámbito.

 
Para conseguir os obxectivos establecidos, o Concello ten aberta unha enquisa en liña para que todos os veciños e veciñas do municipio aporten información e demandas en relación á mobilidade do municipio. O acceso está colgado na web municipal.
 
back link