Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello, a petición da ANPA, modifica o sentido de circulación no vial de acceso ao Colexio

Oleiros, 10 de decembro de 2015-. O Concello de Oleiros, atendendo ás peticións da ANPA, modificará o sentido de circulación na estrada de acceso ao Colexio de Nós. A partir do vindeiro luns día 14 de decembro, os autobuses e demais vehículos terán que acceder ao centro escolar pola rúa Salvador Allende e efectuarán a súa saída por Alexandre Bóveda.

O Goberno municipal adopta esta medida para mellorar a seguridade do alumnado deste centro de ensino público que abriu as súas portas no mes de setembro. A saída dos autobuses pola rúa Alexandre Bóveda era complicada debido á escasa visibilidade que provoca a proximidade dunha curva. Ademais, con esta modificación os nenos e nenas poderán baixar dos vehículos da man do colexio e non terán que cruzar a calzada para entrar no recinto escolar.

Este é o único cambio circulatorio na zona, que mantén o sentido único de circulación no treito da rúa Alexandre Bóveda que vai desde Manuel Murguía ata a súa conexión co vial de acceso ao colexio entre as 8:30 e as 9:30 e entre as 13:30 e as 14:30 dos días lectivos. Nese horario, os vehículos só poden circular en sentido ascendente por ese treito.
 

back link