Oleiros, 6 de novembro de 2017-. O Concello de Oleiros procederá á instalación dunha caldeira de biomosa para os vestiarios do campo de fútbol municipal de Iñás, que ata o de agora estaban dotados dunha caldeira de gasóleo. O investimento total deste proxecto ascende a 32.803,71 euros, para os que o Concello obtivo unha subvención de 20.111,17 euros do Instituto Enerxético de Galicia.
A de Iñás será a terceira caldeira de biomasa do Concello, que xa conta con outras na piscina municipal de Perillo e na Casa do Concello. Este tipo de actuacións, coas que se mellora a eficiencia enerxética, supoñen un importante aforro económico para as arcas municipais.
A caldeira de biomasa reducirá os gases de efecto invernadoiro en 8,016 Tn CO2/ano. A actuación ten financiación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “Unha maneira de facer Europa".