Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O caderno didáctico dedicado a Carlos Casares foi presentado en Radio Oleiros

Oleiros, 8 de maio de 2017-. O caderno elaborado polo profesorado do IES María Casares, coordinado por Pepe Taboada e ilustrado por Miguel Cuba presentouse en Radio Oleiros. O comité de redacción desta fermosa publicación; Raquel Guimarei, Pepe Taboada e Fernando Díaz-Castroverde e o ilustrador Miguel Cuba explicaron en directo as características do caderno, os obxectivos que se perseguen co mesmo e alentaron ao público adolescente e escolar a participar con entusiasmo das Letras.

O Concello de Oleiros, desde a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, está a repartir nos institutos públicos do municipio os exemplares do caderno didáctico, que chegarán tamén nos vindeiros días bibliotecas municipais e ás entidades socioculturais do concello. Deste xeito preténdese dar a coñecer a figura e a obra do escritor ourensán e impulsar a lingua galega como lingua de cultura.
 

back link