Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Barquiño de pau, teatro para menores de 6 anos este sábado na Fábrica

 Oleiros, 23 de novembro de 2020-. Este sábado día 28 de novembro, ás 18:30 horas, chega á Fábrica a Tropa de Trapo coa función Barquiño de pau: teatro de obxectos e música para a primeira infancia no que as crianzas explorarán os sentidos dunha maneira amena. Trátase dunha actividade do programa Apego recomendada para nenos e nenas de 0 a 6 anos.

 
A entrada é gratuíta, mais hai que reservala facendo a inscrición a través do formulario habilitado, que estará aberto ata as 14:00 horas do 26 de novembro, ou ata completar o aforo permitido. Por este motivo, o Concello solicita que só acuda 1 persoa adulta por cada unidade familiar. Como sempre, terán preferencia as persoas inscritas no Apego de Oleiros.
 
back link