Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O auditorio Gabriel García Márquez acolle o domingo un concerto homenaxe a Los Tamara

Oleiros, 12 de marzo de 2018-. A Banda Sinfónica do Concello de Oleiros, Rosa Cedrón, Miguel Ladrón de Guevara e Paco Lodeiro ofrecerán o domingo un concerto homenaxe a Los Tamara. O espectáculo comezará ás 19:30 horas e as entradas poderán adquirirse desde unha hora antes.

Será unha tarde de tenra lembranza a Los Tamara, á mítica banda galega e tamén ao seu irrepetible repertorio. Dado os extraordinarios intérpretes, a calidade do concerto está máis que garantida.
 

back link