Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Auditorio Gabriel García Márquez acolle o domingo a representación da obra Entre Bambolinas

Oleiros, 29 de novembro de 2018-. A Asociación Cultural Cardume presenta o domingo ás 19:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Entre Bambolinas, de Jaime Naveira e dirixida por Matilde Blanco. Jaime Naveira, Emilio Caínzos, María José López, Vicente Campos, Nieves Alcañíz, Iria Pazos, Sara Reboredo, José Luís González, Rafa Fernández, More de la Cal, Miguel Abalo, Isabel Tizón, Nelly Varela e Yolanda Camino conforman o elenco desta obra de teatro.

Entre Bambolinas recrea unha serie de acontecementos dunha compañía teatral cos seus actores e todo o seu equipo técnico e artístico xusto antes de comezar a función da obra As desfeitas da vida. Desde as bambolinas dun teatro, vense reflectidos con humor e moita humanidade un compendio de complexos, vaidades e envexas, pero tamén amor, amizade, fidelidade e o drama de ver
chegar o grande monstro do alzheimer.

As entradas poñeranse á venda a partir das 18:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos.

back link