Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O auditorio das Torres de Santa Cruz acolle a presentación do libro ¿A gran travesía de Chiruca

 Oleiros, 14 de outubro de 2019-. Mañá martes 14 de outubro, ás 20:00 horas, o auditorio das Torres de Santa Cruz acollerá a presentación do libro ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’, do polifacéitco artista Xurxo Souto. O acto contará con interpretacións musicais.

 
‘A gran travesía de Chiruca Macallás’ é unha obra que conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller, Mercedes, patroa de pesca e, antes, vocalista do conxunto ForzA dozZE!. Coa enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos, Xurxo Souto ofrece unha novela que narra a aventura dunha marea singular.
back link